29/07/2008

DOUBLE INDEMNITY IX (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

S: E así é tamén como resiste o vasco ás xélidas augas cantábricas... E á súa propia mala baba!
M: Sobre todo á mala baba... No das xélidas augas cantábricas, seica axuda máis o neopreno.
S: Si, ho, pero unha cousa non quita a outra. Iso é o que se coñece como Double Indemnity.

28/07/2008

DOUBLE INDEMNITY VIII (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

S: As verzas non serían da horta do vasco?
M: Efectivamente... Contra o lado de abaixo, ao lado dos pementos de Guernika...
S: Aí tés a explicación!
M: Posiblemente, posiblemente... Nos pementos de Guernika podería haber restos químicos do bombardeo da Lexión Condor que se extenderon ás verzas...

26/07/2008

DOUBLE INDEMNITY VII (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

S: Por certo, sabes xa a que se debe a túa incríble tolerancia ao Polonio? Porque a da rubia platino estaba clara, pero a túa... Nunca a entendín ben.
M: Pois daquela si que perdín algo de pel nas mans... Pero, ao deitarme, boteilles Neutrógena, o que curiosamente, xunto a un plato de caldo de verzas que comera previamente, reaccionou de xeito positivo... Becarios da USC mal pagados investigan agora o porqué...

25/07/2008

DOUBLE INDEMNITY VI (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

M: O que me levou tempo foi conseguir o polonio, non liquidalo a el!!!
S: Bueno, ho, pero despois foiche ben útil para encasquetarlle as mortes ao xefe da fábrica.
M: Si... Ata que descubrín que tiña que levar tapado o bote o certo é que deixei un regueiro de cadáveres. ¡Máis dos que quixera, por certo! Contra a delegada provincial de Acción Rural non tiña nada. Xúroo...

24/07/2008

DOUBLE INDEMNITY V (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

S: Foi así como coñeceu o marido, non? Era o tratante do Nitramón...
M: Si. Corredor era como lle chamaban por aquela zona. El apuntaba os pedidos e, días despois, viña o camión traelos... Ata que, claro, as súas visitas se fixeron máis e máis frecuentes e o pai decidiu cambiar o palleiro por un rottweiler...
S: A pena foi que non o matara xa daquela o rottweiler... mira despois que traballiño che deu a ti!

23/07/2008

DOUBLE INDEMNITY IV (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

S: E iso afectoulle ao carácter. Claro, para contrarrestar tanta dozura, desarrollou unha acidez que acababa co óxido das ferraduras.
M: Foi para corrixir esa acidez polo que o pai decidiu facer aquel mes encarga doble de Nitramón... Fatal erro que, ao final, foi a súa ruina...

22/07/2008

DOUBLE INDEMNITY III (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

S: Unha rubia platino non sabía ler nin escribir e que tiña unhas raíces máis negras cás de Kunta Kinte...
M: Que ela achacaba a un problema xenético de keratina, o mesmo que fixo que súa nai tivera o pelo verde de nacemento.
S: Era tamén ese o motivo polo que era completamente inmune ao alcol? Ai, non, cala. Eso era porque tiña callo.
M: Dicían que xa súa nai a obligara a abusar do Sansón na infancia, para desfacerse de tanto como lle regalaran de recén parida. Dáballo cos melocotóns en almíbar...

21/07/2008

DOUBLE INDEMNITY II (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

M: It´s a joke!!! Se algo aprendín co tempo é que as rubias platino dan problemas...
S: Claro, non eres o mesmo desde que aquela te obligara a matar ao marido para cobrar o seguro...
M: Si. Ademais para nada. Porque, claro, como era rubia platino e guapa, non sabía ler nin escribir. ¡E resulta que o seguro era da agraria! Só cobraba en caso de que se matara o home enganchado pola viradora ou feito po entre as cuchillas do autocargador...

20/07/2008

DOUBLE INDEMNITY I (NECROLÓXICA POR ENTREGAS)

M: Teño sono e resaca de sobra... ¿Queres un pouco?
S: Corpo que as fai, corpo que as paga.
M: Eh, para dicirme iso, chamo a meu pai e acabo antes.
S: García é un home sabio, ben se ve. O malo é que che ten un fillo un pouco talabartas...
M: O fillo non ten duda... Peores os hai por aí...
S: Haberaos peores, haberá. A ver, conta, que escuro negocio pechaches onte e en que tugurio?
M: Ninguno, ninguno... El tugurio sí que era sucio, mis zapatos dan fe de ello, pero negocios nada... La rubia platino se fue 15 minutos antes que yo...

17/07/2008

Comida lixeira

Aínda que a salsa das ameixas levaba pouca fariña, os langostinos se fixeron sen coñac, as nécoras xa se sabe que non teñen moito que comer, a parrillada de peixe pois é todo auga, a tenreira con patacas quedou lixeiriña e os postres non se saíron do normal.. Aínda así, caeume pesada a comida do Carme. Creo que me pasei comendo dúas racións de churrasco pola noite na de Damián...

08/07/2008

A semente das moscas

En Marrocos empregan moscas secas como condimiento para o té, porque aseguran que teñen poderes afrodisiacos. Mentres observaba a absoluta dedicación do rapaz machucando nas moscas ata convertelas en pó, acordeime do que dicía miña avoa cando enfundaba o trapo na barra da cociña despois de asasinar unha ducia delas: "non se poden matar todas... hai que deixar a semente, que aínda non sabemos para que valen".