27/04/2009

Necrolóxica en dous tempos

I
Why not?
Asasina romántica coñece escritor novo e inexperto. Os dous queren sacar a Galiza do seu secular atraso, pero con métodos distintos. Buscan unha fórmula intermedia e atopan o terceiro vértice do triángulo, un ex conselleiro do Bloque que se fugou a Terra Galega...

II
That's why

Experiencia política, ilusión literaria e cianuro. Unha combinación que sería capaz de calquera cousa, menos de sacar a Galiza do seu secular atraso... A asasina romántica, o escritor novo e inexperto e o exconselleiro do Bloque abandonaron o proxecto e déronse ao sexo desenfrenado o mesmo día que lles veu denegada a subvención.

26/01/2009

Catro segundos

O mellor estudo da historia é o que demostrou que un alimento que cae ao chan non colle bacterias ata os catro segundos. O estudo, obviamente, é USAmericano. Sen dubidar da súa validez, eu pregúntome se o resultado é aplicable a un pique de freba que, o día da matanza, cae dous segundos e medio no sangue do cocho...

08/01/2009

Wireless

Onte liguei. Facía anos que non pasaba e supoño que estou algo enferruxado, pero de verdade é normal que quedes a durmir na casa dalguén que acabas de coñecer? A miña cama, o meu pixama, a miña ducha e a miña cafeteira están na miña casa... e quérolles!, aducín. E, claro, non son wireless, respondeu.