02/06/2008

Ambición decadente

O outro día lin a entrevista que lle fixeron en El País a Warren Buffett, para ver se se lle escapaba sen querer a clave do éxito -porque enriquecerme rapidamente e sen esforzo é o único factor que me falta para cambiar por fin de coche- e atopei un "llevo una vida completamente normal, como la de cualquier otro ser humano" que me confirmou tres cousas: que nunca vou cambiar de coche, que a xente rica non comparte o secreto do seu éxito e que El País é unha bazofia lamentable decadente e contaminante na que, por algún estraño motivo, morro por traballar.

1 comment:

Unknown said...

Pasando polas mazás dos Blogs, aparquei o meu coche neste. Visto o teu de inxenio. Desde a plataforma 12 lúas invitámoste a participar.
http://12luas.blogspot.com
ou no noso mail 12luas@gmail.com